sábado, 25 de junio de 2016

viernes, 24 de junio de 2016

DENDE RAZO ATA BALDAIO, VOU E VEÑO, VEÑO E VOU

POEMA E FOTOGRAFÍA PUBLICADOS NA REVISTA DAS FESTAS DE SAN XOÁN

CARBALLO 2016





DENDE RAZO ATA BALDAIO, VOU E VEÑO, VEÑO E VOU


Vou e veño,
veño e vou,
dende a Cabreira de Razo
ata a lagoa de Baldaio,
cantaba un arao común
navegando no crecho dunha onda.

Vou e veño,
veño e vou,
dende Malpica
ata Caión,
van cantando uns golfiños
xogando ás agochadas
ao redor das Illas Sisargas.



Cediño,
calquera mañá do estío
as gaivotas,
ollando expectantes cara o Monte Neme
coma unha masa inerte de corpos aparvados
que non van nin veñen,
invaden os areais de Razo.



E eu,
que quixen facer da miña vida unha obra de arte completa,
admirando a infinita paisaxe oceánica
sentado a carón da capela de Santa Irene,
doume conta de que os efectos corrosivos
que por mor do pasar do tempo
vanme enchendo corpo e alma de noxenta mediocridade
nunca poderán deixar mácula nesa fermosura inexpugnábel.



Así, deambulando pola natureza,
mentres vou e veño,
ou veño e vou,
sinto envexa por tanta grandeza
cando miro ao lonxe o inmenso Atlántico.


SANTIAGO PAZOS


  



miércoles, 15 de junio de 2016

MARE MÁGNUM

MARE MÁGNUM
EXPOSICIÓN COLECTIVA

DO 10 DE XUÑO AO 31 DE XULLO DE 2016
PAZO DA CULTURA DE CARBALLO



"Día de sol á beira do mar, mirando o ir e vir das ondas, tranquilas, regulares; de cando en vez acaríñanme os pés co seu frescor de auga salgada. A sombra da xente e das rochas sobre  a area mollada: xogos inspiradores de luz e sombra trasladadas a un lenzo en branco. Escultura nas rochas a golpe de ondas e de vento. Música e canto de sereas no teu continuo rumor. Mar grande! Inmenso! Inspirador de artistas.
Mare Magnum cheo de vida.
Mar bravo e mar en calma. "
Milagros Cotelo




Detalle de "Claro de lúa"
de Teresa Candal


Detalle de "Beleza mareira"
de Santi Picos


Detalle de "Rogamar: a tentación está por chegar"
de María e Martín Marticorena


Detalle de "Serea"
de Javier Rodríguez


Detalle de "Sensacións da beira"
de Adriana Díaz


Detalle de "S/T"
de Risé


Detalle de "Ausweg"
de Peter Schneider


Detalle de "Temporal"
de Milagros Cotelo


Detalle de "Vida"
de Antonio Taracido


Detalle de "Na defensa do noso mar"
de Nolo Suárez


Detalle de "Dentro do mar"
de Mon Lendoiro


Detalle de "Calma"
de Eva Facal


Detalle de "Afrodita"
de Chiña


Detalle de "Alga (natureza morta)"
de Manuel Eirín Nemiña


Detalle de "Furtivo"
de Paco Souto


Detalle de "Engulindo"
de Esther Chamoso


Detalle de "Matriz"
de Lola Oviedo


Detalle de "Mareas doces"
de Carmen Rojo Varela


Detalle de "Retorno"
de Emi de las Heras


Detalle de "Chapapote"
de Cristina Castro Santiago


Detalle de "Haikus do mar"
de Peter Kramer


"Proxecto de mariscadora"
de Isa Fernández"