martes, 13 de noviembre de 2018

CONCURSO ESCOLAR DE TEATRO LIDO (FOTOGRAFÍAS)

(FIOT 2018)

27 FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO DE CARBALLO

XVIII CONCURSO ESCOLAR DE TEATRO LIDO
"XOSÉ MANUEL EIRÍS"




GRUPOS FINALISTAS



1ª CATEGORÍA

NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL OU PRIMARIA 
(MENORES DE 11 ANOS)




2º ACCESIT

"O GALO QUIRICO"
"GRUPO OS TEATREIROS" DO CEIP XESÚS SAN LUIS ROMERO




2º ACCESIT

"MARUXA A MARIÑEIRA"
"GRUPO MARIÑEIRAS" DO CPI CABO DA AREA DE LAXE




2º PREMIO

"POBRES ANIMALIÑOS"
"GRUPO AGASALLO" DO CPR ARTAI




1º PREMIO

"QUERO SER OUTRO"
"GRUPO CARDUME" DO CEIP FOGAR





2ª CATEGORÍA

NENOS DA ESO, BACHARELATO OU CF DE GRAO MEDIO
(DE 12 ANOS OU MÁIS)




ACCESIT

"PUCHIÑO VERMELLO"
"GRUPO LENDO LENDAS" DO IES ALFREDO BRAÑAS





2º PREMIO

"AS SETE MULLERES DO ANLLÓNS"
"GRUPO AS SETE MULLERES DO ANLLÓNS" DO CPI AS REVOLTAS DE CABANA





1º PREMIO

"O LADRÓN"
"GRUPO OS TEATREIROS" DO IES MONTE NEME 





CAXOTO, ANIMADOR DA GALA, CO XURADO E AUTORIDADES



REPORTAXE FOTOGRÁFICA

GRUPO OS TEATREIROS DO SAN LUIS




GRUPO AGASALLO








GRUPO CARDUME






GRUPO MARIÑEIRAS







GRUPO AS SETE MULLERES DO ANLLÓNS






GRUPO LENDO LENDAS



GRUPO OS TEATREIROS DO MONTE NEME





CAXOTO




NOTA:
FOTOGRAFÍAS FACILITADAS POR JOSÉ MARÍA DE LA VIÑA 
GRAZAS


SAÚDE E LARGA VIDA AO FIOT
santipazos-intrusosenlared

lunes, 5 de noviembre de 2018

XOGRAR DO OUTONO 2018

(FIOT 2018)
27 FESTIVAL INTERNACIONAL
OUTONO DE TEATRO DE CARBALLO



XOGRAR DO OUTONO 2018
MANUEL LOURENZO


Manuel Lourenzo foi elixido nesta vixésimo sétima Edición do FIOT como Xograr de Outono por ser un dos referentes do teatro en Galicia. Dramaturgo, director, actor, promotor teatral e formador de xeracións de actores, Manuel Lourenzo é unha das persoas imprescindibles para a creación do teatro galego, quen dedicou a súa vida a esta arte.

Manuel Lourenzo é licenciado polo Institut del Teatre de Barcelona, comezou a súa andadura teatral profesional nos anos 60, coa vontade de impulsar un teatro galego propio, enraizado na nosa cultura.  Fundou compañías, escolas e proxectos teatrais transcendentais como o Grupo de Teatro o Facho, o Teatro Circo que desembocará na Escola Dramática Galega, a Compañía Teatral Luís Seoane, o Clube de Teatro Elsinor ou a escola, revista e actual compañía, Casahamlet.
Escribiu preto de dous centenares de obras dramáticas breves, como Romaría ás Covas do Demo, Veladas indecentes, O circo de medianoite ou a premiada no 2017 Suite Artabria. Ademais é  tradutor de numerosos autores clásicos e contemporáneos, autor de novela e de ensaio.
Actor de teatro en numerosas producións da súa compañía e noutras, é moi valorado no sector audiovisual, destacando a interpretación de míticos personaxes da televisión ou longametraxes.

Na súa prolífica traxectoria, como escritor e director teatral recibiu numerosos premios: Abrente, o Nacional de Literatura Dramática, Pedrón de Ouro, Premio Nacional da Cultura Galega en Artes Escénicas, Premio Álvaro Cunqueiro, o Maruxa Villanueva ou o Otero Pedrayo, entre outros. E é tamén profesor Honoris Causa pola Escola Sup. de Arte Dramática de Galicia.

Como todos vostedes coñecen este nomeamento honorífico do Festival Internacional Outono de Teatro recoñece unha persoa ou entidade que destaque pola súa traxectoria na promoción e desenvolvemento do teatro en Galicia. A elección da galardoada correspóndelle aos anteriores Xograres de Outono e á AC Telón e Aparte.



Estamos inmensamente agradecidos a todas as institucións que fan medrar co seu apoio o ritmo do FIOT, que nos acreditan como unha gran proposta desde unha pequena cidade, que nos impulsan cara ao máis alto das artes escénicas de Galicia.

E a vós, público do FIOT, a quen se debe este festival e que sodes o seu latexo para que sexa

O CORAZÓN DO TEATRO EN GALICIA.



NOTA: 
TEXTO E FOTO FACILITADOS POLA ORGANIZACIÓN DO FIOT

GRAZAS