PONTE EN COR
BARRIO DA PONTE / BARRIO DA MILAGROSA
CARBALLO
DO 4 AO 18 DE SETEMBRO DE 2015
Hai moito tempo que se fala de sacar o arte á rúa como un acto revolucionario que racha cos cemiterios museísticos. Non falamos do arte chamado despectivamente popular, senón do considerado ARTE culto. Un tema, por certo, de debate permanente como podemos comprobar na actualidade, por poñer un exemplo, coa polémica ao redor do excelente artista do graffiti chamado Banksy.
Penso que en Carballo non estamos en contra dos museos, xa nos gustaria ter algún, máis o arte na rúa sí estamos a vivilo como un acto revolucionario que racha, non cos cemiterios museísticos, senón co chamado feismo urbano. Un traballo co que o concello en colaboración coa Asociación Artística Crea Formas están a mudarlle a faciana á vila. Por certo, non entendo cómo o concello (solo, ou en colaboración con algunha entidade privada) non está a comprar obra destes artistas para vestir as paredes dos edificios públicos de Carballo, ou para un futuro museo. Quen sabe?
Deixando de lado os debates, hoxe temos que falar, e moi ben por certo, da colaboración entre Crea formas e a Asociación de Comerciantes da Milagrosa nunha iniciativa que enche os escaparates e os comercios do Barrio da Ponte con pinturas e esculturas que ademáis de poder ver e admirar tamén podemos mercar.
Hai que resaltar que os protagonistas deste proxecto son entidades privadas que, procurando un beneficio individual léxitimo, aportan un valor social e cultural engadido que enriquece a sociedade carballesa no seu conxunto.
VEÑAN, VEXAN, VALOREN E, SE QUEREN E PODEN, MERQUEN

No Bar Gerardo as figuras enigmáticas de Milagros Cotelo, xunto coas follas preoutonales de Laura Tova, invitan a reflexión sobre do pasar do tempo.
En AMAR moda imos de festa con Rachelle Cavallo.
As agullas divinas de Alexandra Martínez fanche un vestido coas plumas que os anxos perden no Café Bar O paseo.
Por fin chegou a Todo Lar algo que lle faltaba, tenrura, creatividade e orixinalidade
da man de Mon Lendoiro.
Coas delicadas telas de Lola Oviedo farache Eva un traxe á medida.
A sensibilidade para tratar os pés de BR Podoloxía
multiplícase por catro se elixes a Laura Tova por compañía.
A pintura de Cristina Castro parece que sempre estivo colgada
nese lugar da Barbería de Santiago.
Nin postos a medida por un decorador,
os cadros de Mon Lendoiro encontraron un lugar ben axeitado en Calzados Arijón.
A fauna encantada de Laura Tova
procura roupa para este inverno en Confecciones Arijón.
Na Ferretería Lamas case nin cabe Andrés.
En Ultramarinos Francisco sempre houbo de todo e bo,
por iso Rachelle Cavallo non desentona nadiña.
Péganlle ben a Vainica os retratos de Cristina Castro.
Arte ecuestre na de Arturo Arán.
No LB a exuberancia pona Cristina Castro.
Feitos á man, o vestido de Alexandra Martínez e os zapatos de Rodríguez.
Milagros Cotelo no país de Hostelber.
Laura Tova, Alexandra Martínez e Luisa Rabuñal xogan
con todos os nosos sentidos.
Lola Oviedo y Frutas Bri, la naturaleza y el minimal....
Vermello e negro, Santi Picos no Milagrosa Forum.
A perfección arquitectónica de Tomás Luna en Hidro Heccar.
O realismo máxico de Adriana Díaz no Bar Bastián.
Os mobles de Luís e os de Adriana Díaz compiten polo espazo.
Será capaz Casal de xestionar o complexo mundo pictórico de Santi Picos?
Cerámicas de Chiña en Manuel Arán Fontanería.
Chiña en Barreiro Zapateiro.
Desconocidas etnias de Tomás Luna en Comercial Queijo.
No estanco espera (fumando ou non) a colectiva de Crea Formas.
INSISTIMOS: VEÑAN, VEXAN, VALOREN E, SE QUEREN E PODEN, MERQUEN
No hay comentarios:
Publicar un comentario