lunes, 7 de noviembre de 2016

XVI CONCURSO ESCOLAR DE TEATRO LIDO "XOSÉ MANUEL EIRÍS"

(FIOT 2016)
XXV FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO DE CARBALLO

XVI CONCURSO ESCOLAR DE TEATRO LIDO
"XOSÉ MANUEL EIRÍS"


FOTO DE FAMILIA

O PRESENTADOR DA GALA FELIPE DÍAZ "CAXOTO"




GRUPOS FINALISTAS

1ª CATEGORÍA
NENOS DE ATA 10 ANOS

1º PREMIO
"A FRAUTISTA DE HAMELÍN"
GRUPO FAISCAS DO COLEXIO ARTAI


2º PREMIO
"O MÓBIL DE ROSALÍA "
GRUPO AXÓUXERE DO CEIP FOGAR


1º ACCESIT
"MUIÑEIRA DE CHANTADA"
GRUPO TEATRO ENRUSADO DO CEIP CANOSA RUS


2º ACCESIT
"XELA VOLVEUSE VAMPIRA"
COMPAÑÍA TEATRUS DO CEIP CANOSA RUS




2ª CATEGORÍA
NENOS A PARTIR DE 11 ANOS

1º PREMIO
"AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS"
GRUPO DO CEIP CABO DA AREA DE LAXE


2º PREMIO
"RAMÓN"
GRUPO ESPANTALLO DO IES PARGA PONDAL






sábado, 5 de noviembre de 2016

"A ÁRBORE DE BEBA"

EXPOSICIÓN DE ESTHER CHAMOSO
GALERÍA ESTUDO GARABATO

SINXELEZA E SENSIBILIDADE

SANTIAGO PAZOS



Pouco a pouco, con dedicación e paciencia, Mon Lendoiro está a converter a Galería Estudo Garabato nun centro de referencia artística. De feito, as inauguracións das exposicións que organiza xa son acontecementos sociais nos que artistas e interesados nas artes plásticas dámonos cita para compartir experiencias e vivencias nese eido da cultura.

Acto de inauguración amenizado musicalmente 
por Cecilia e Ramón Burillo

A exposición “A árbore de Beba” é un traballo da artista salmantina Esther Chamoso cheo de sinxeleza e sensibilidade dedicado ao público infantil e que pretende axudar aos máis pequenos a coñecer e identificar as súas emocións a partires de “Beba, unha nena alegre e travesa a que lle gusta xogar cos seus amigos, ler, os animais e ata os bichos (vaia! todos agás as arañas) e gozar do seu tempo libre xunta a súa árbore favorita”.


Así que se tes cativos no terás escusa para acudir a vela, se nonos tes pero gardas dentro de ti unha parte do neno que fuches vas gozar coma un anano e se non conservas nada diso vai vela igual porque e posíbel que encontres algo que perdiches sen te decatar.

Saúde


ATA O 5 DE DECEMBRO
GALERÍA ESTUDO GARABATO
RÚA SANTA MARÍA, 3
CARBALLO





martes, 1 de noviembre de 2016

CHEÍÑO DE TÓ / Á LUS DO CANDIL



EXPOSICIÓN DE CHEÍÑO DE TÓ

VIÑETAS CÓMICAS E LITERATURA

NA LIBRARÍA Á LUS DO CANDIL

ARTEIXO (A CORUÑA)

Cheíño de Tó e Modesto Fraga


Ás veces quere o azar, dun modo moi intelixente, que nun mesmo punto conflúan luces de sensibilidade superior e desbordante creatividade.



Nesta ocasión ocorre en Arteixo, lugar no que:

A un poeta atlántico, deses que levan sal no sangue,
o fisterrán Modesto Fraga,
que voga dun xeito titánico e romántico, coma todo o que ten relación cos libros, para manter a flote unha libraría “Á lus do candil”, que tamén quere ser faro de toda manifestación artística e cultural que se produza nesa bisbarra ou na Galiza enteira cando é posíbel,



xúntase outro arteixán de orixe carballés,
alcumado Cheíño de Tó,
con moi boas mans para o debuxo e a ilustración gráfica de trazo fino, sentido do humor a moreas, ironía e retranca para regalar, calidade humana da que xa case non se encontra por ningures, moito sentidiño e respecto pola honra allea, que fai unhas viñetas cómicas ben divertidas, como se pode ver e gozar acotío en www.arteixolandia.blogspot.com.



E quixo o intelixente destino que a estes dous seres entrañables se lles ocorrese organizar unha preciosa exposición na que ademais de gozar desas viñetas ilustradas por Cheíño de Tó, adecuadamente enmarcadas, podamos mercar algún libro asesorados por un especialista como, sen dubida algunha, é Modesto.



NOTA:
Por se non vos decatastes, son amigos  que estimo de corazón, pero esta é  unha condición que non engade gran cousa a valía profesional e humana de calquera deles dous.
A miña recomendación é que se pasades por Arteixo paredes a facerlles unha visita porque sei que marcharedes de alí recompensados.
Chegar é moi sinxelo: na entrada de Arteixo, indo de Carballo en dirección á Coruña, ao pasar a primeira curva hai unha farmacia, pois a esa altura na rúa detrás dela está Á lus do candil.
SANTIAGO PAZOS


Non ten perda:

LIBRARÍA Á LUS DO CANDIL
RÚA HISTORIADOR VEDÍA, 3
ARTEIXO (A Coruña)