ACTO DE ENTREGA DO GALARDÓN
XOGRAR DE OUTONO
2014
EDUARDO RODRÍGUEZ CUNHA "TATÁN"
TEXTO FACILITADO POR LA ORGANIZACÓN DEL FIOT
Sr. Alcalde, Sra. Concelleira de Cultura, amigos Xograres,
señores e señoras,
Boas noites e benvidos ao acto de entrega do Xograr de
Outouno 2014 que realizaremos a
continuación, antes da representación do espectáculo “A Tempestade” da
compañía Voadora.
O Xograr de Outono é un nomeamento honorífico que o Festival Internacional
Outono de Teatro outorga á persoa ou entidade que saliente pola súa traxectoria
na promoción do teatro, como un xeito de recoñecer o labor dos que contribúen
xenerosamente a engradecer as artes escénicas, é, polo tanto, á cultura galega.
Os Xograres son unha parte moi importante da alma do Outono de
Teatro. Unha comunidade na que nos apoiamos para renovar os valores que
personaliza o noso festival.
O Xograr, representa a figura máis senlleira da tradición oral,
como creador e trasmisor de historias, evocando un pasado do que nos gusta
presumir,
porque esta tradición identifícanos como malabaristas da
lingua, rexenenándonos a todos os que queremos e creemos na nosa palabra, na
nosa lingua, na nosa cultura, e no noso país.
O galardón deste recoñecemento é unha creación en bronce, de
inspiración rupestre do artista galego Pablo Leal, que a organización elixiu,
polo seu carácter simbólico e alegórico á figura do xograr.
A elección do galardoado é responsabilidade conxunta da comunidade de Xograres que se vai
creando ano a ano e da organización do festival.
A eles, agradecemos o seu compromiso porque, este
galardón, estrictamente honorífico, comprometeos como embaixadores do FIOT e
fainos responsables de futuras eleccions.
Como xa todos vostedes saben, o festival concede nesta
vixésimo terceira edición o Xograr de Outono a Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”, o veciño de Redondela que, entre
outras, foi o fundador dunha das formacións máis recoñecida e prestixiosa do
teatro de monicreques tanto en Galicia como fora dela, a compañía Tanxarina Títeres.
Ao longo da súa traxectoria profesional Tatán foi o
impulsor de varios festivais de títeres en Galicia o primeiro, en Mondoñedo,
que cumple agora a 30 edición. Logo veu o de Vigo é, a continuación o máis
salientable de todos o Festival
Internacional de Títeres de Redondela
no que ademáis, asumiu a súa dirección artística ao longo
de varios anos, Eduardo tamén foi un dos precursores da primeira asociación de
Títeres de Galicia.
No eido do teatro, foi fundador de dúas compañías, o Colectivo de Teatro Cirigaita e Producción Teatrais Do Sur, esta última
moi activa a comezos dos anos 90. Ademáis colaborou con outras importantes compañías
como o Teatro do Morcégo na branca rosa e nos Vellos non deben namorarse ou co Centro Dramático Galego na Cacatua
verde.
Salienta tamén pola larga traxectoria tanto en cine como en televisión. Así, participou como actor, nalgunhas das series de televisión
máis exitosas de Galicia como Xabarin
Club, Pratos combinados, Mareas Vivas, As Leis de Celavella ou Terras de Miranda. No cine, debutou da
man de José Luis Cuerda na Lingua das
Bolboretas a que seguiron, outros filmes tan importantes como o Lápis do Carpinteiro, o Agasallo de Silvia ou Heroína.
Moitos son os méritos que fan de Eduardo Rodriguez
“Tatán” merecedor deste galardón, que recoñece o seu labor teatral como
titiriteiro, director, actor e dinamizador na creación e manipulación de
monicreques no teatro Galego. Tatán é, polo tanto, un referente na escena
Galega, por poñer en valor a arte da marioneta e por dinificar a profesión de
Titiriteiro.
Correspondelle, a un dos nosos Xograres, presentar ao
novo membro desta comunidade, polo que nos acompaña Marcelino de Santiago “Kukas” que realizará unha semblanza do novo
Xograr, e, en nome da organización do Festival Internacional Outono de Teatro Alberto Sueiro, presidente da
Asociación Cultural Telón e Aparte, dará lectura ao diploma que recoñece o
título de Xograr.
A continuación Mar Eirís, Concelleira de Cultura fara
entrega do Xograr 2014 a Eduardo Rodrgíguez Cunha “Tatán” e que recollerá, o
propio galardoado.
Para rematar, agradecer, de novo, o apoio de todas
aquelas persoas e entidades que colaboran coa organización do Festival Outono
de Teatro de Carballo e, como non, agradecer a súa presenza esta noite e
desexarlles que gocen co espectáculo a tempestade que, baixo a dirección de
Marta Pazos, representará a Compañía Galega Voadora.
Boa noite, longa vida ao teatro e ata o ano que ven.