XUSTIZA POÉTICA:
VISIÓNS ONÍRICAS DE SANTI PICOS
GALERÍA GARABATO DE CARBALLO
Mon Lendoiro e Santi Picos
Penso que coa asistencia a inauguración da
Exposición individual de Santi Picos na Calería Garabato de Carballo cometín un
acto de dobre xustiza poética.
Por unha parte co dono e director da Galería,
Mon Lendoiro, por ser un dos militantes en pro das artes e da cultura mais
destacados de Carballo. Un artista que non se arreda ante tantos inconvenientes
e incomprensións que rodean o mundo das empresas culturais.
E por outra parte con Santi Picos, un dos
membros do Colectivo Crea Formas que mais e mellor proxección de futuro amosa.
Pintor e ilustrador, ten esa inxenuidade crítica, nada contemplativa, que imprime
personalidade e estilo. É lector declarado de Lovecraft e Cioran e admirador de
Daly e Durero, autores e pintores que inflúen na súa vertente artística surrealista
e introspectiva.
Esta exposición é un exemplo do bo traballo
que Santi está a realizar, cunha técnica que busca o perfeccionismo sen
abandonar esa frescura que teñen os artistas mozos. Sen dúbida ten un camiño
por diante que nos dará moitas e agradables sorpresas.
SANTIAGO PAZOS
PEQUENA MOSTRA DE OBRAS
E boa mostra das inquedanzas de Santi Picos é este texto seu que acompaña a tarxeta publicitaria da exposición.
FOTOGALERÍA
No hay comentarios:
Publicar un comentario