EXPOSICIÓN DE ESTHER CHAMOSO
GALERÍA
ESTUDO GARABATO
SINXELEZA E SENSIBILIDADE
SANTIAGO
PAZOS
Pouco a pouco, con dedicación e paciencia,
Mon Lendoiro está a converter a Galería Estudo Garabato nun centro de
referencia artística. De feito, as inauguracións das exposicións que organiza
xa son acontecementos sociais nos que artistas e interesados nas artes
plásticas dámonos cita para compartir experiencias e vivencias nese eido da
cultura.
Acto de inauguración amenizado musicalmente
por Cecilia e Ramón Burillo
A exposición “A árbore de Beba” é un
traballo da artista salmantina Esther Chamoso cheo de sinxeleza e sensibilidade
dedicado ao público infantil e que pretende axudar aos máis pequenos a coñecer
e identificar as súas emocións a partires de “Beba, unha nena alegre e travesa
a que lle gusta xogar cos seus amigos, ler, os animais e ata os bichos (vaia!
todos agás as arañas) e gozar do seu tempo libre xunta a súa árbore favorita”.
Así que se tes cativos no terás escusa para
acudir a vela, se nonos tes pero gardas dentro de ti unha parte do neno que
fuches vas gozar coma un anano e se non conservas nada diso vai vela igual porque
e posíbel que encontres algo que perdiches sen te decatar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario