martes, 1 de noviembre de 2016

CHEÍÑO DE TÓ / Á LUS DO CANDIL



EXPOSICIÓN DE CHEÍÑO DE TÓ

VIÑETAS CÓMICAS E LITERATURA

NA LIBRARÍA Á LUS DO CANDIL

ARTEIXO (A CORUÑA)

Cheíño de Tó e Modesto Fraga


Ás veces quere o azar, dun modo moi intelixente, que nun mesmo punto conflúan luces de sensibilidade superior e desbordante creatividade.



Nesta ocasión ocorre en Arteixo, lugar no que:

A un poeta atlántico, deses que levan sal no sangue,
o fisterrán Modesto Fraga,
que voga dun xeito titánico e romántico, coma todo o que ten relación cos libros, para manter a flote unha libraría “Á lus do candil”, que tamén quere ser faro de toda manifestación artística e cultural que se produza nesa bisbarra ou na Galiza enteira cando é posíbel,



xúntase outro arteixán de orixe carballés,
alcumado Cheíño de Tó,
con moi boas mans para o debuxo e a ilustración gráfica de trazo fino, sentido do humor a moreas, ironía e retranca para regalar, calidade humana da que xa case non se encontra por ningures, moito sentidiño e respecto pola honra allea, que fai unhas viñetas cómicas ben divertidas, como se pode ver e gozar acotío en www.arteixolandia.blogspot.com.



E quixo o intelixente destino que a estes dous seres entrañables se lles ocorrese organizar unha preciosa exposición na que ademais de gozar desas viñetas ilustradas por Cheíño de Tó, adecuadamente enmarcadas, podamos mercar algún libro asesorados por un especialista como, sen dubida algunha, é Modesto.



NOTA:
Por se non vos decatastes, son amigos  que estimo de corazón, pero esta é  unha condición que non engade gran cousa a valía profesional e humana de calquera deles dous.
A miña recomendación é que se pasades por Arteixo paredes a facerlles unha visita porque sei que marcharedes de alí recompensados.
Chegar é moi sinxelo: na entrada de Arteixo, indo de Carballo en dirección á Coruña, ao pasar a primeira curva hai unha farmacia, pois a esa altura na rúa detrás dela está Á lus do candil.
SANTIAGO PAZOS


Non ten perda:

LIBRARÍA Á LUS DO CANDIL
RÚA HISTORIADOR VEDÍA, 3
ARTEIXO (A Coruña)  



 

No hay comentarios: