Nos últimos días de abril e primeiros de maio celebrarase no Pazo da Cultura
de Carballo a XVII Edición de PRIMAVERA EN DANZA. Unha actividade que merece
un recoñecemento especial dentro da programación cultural que se organiza tanto
en Carballo como nas poucas cidades que contan con programas específicos de danza para acompañar
os das artes escénicas e música.
Por diversos motivos, a danza, que bebe desas disciplinas artísticas por
igual, fusionando e engadindo compoñentes plásticos, que amosan unha
sensibilidade e unha forma de explicar o ser humano e o seu mundo con personalidade propia, é a máis
incomprendida, a menos apoiada e a menos ofertada.
Con certa frecuencia chégannos ecos do triunfo de profesionais galeg@s e
españois nas grandes compañías de ballet de todo o mundo, mais ese éxito non se
reflicte na oferta cultural que chega aos cidadáns e resulta bastante difícil
encontrar programacións específicas de danza clásica ou contemporánea.
Por iso é encomiable que unha pequena cidade coma Carballo manteña durante
dezasete anos unha programación específica que promociona, crea canteira
e nos facilita a posibilidade de gozar dunha actividade artística tan fermosa,
rica e completa como é a danza.
Todos os espectáculos pechan cun coloquio cos artistas nos que descobren e
profundan nos secretos das súas montaxes axudándonos a comprender mellor o seu
traballo.
As entradas son de prezos reducidos e asumibles para todo o mundo. Así que
recoméndovos que non perdades esta “rara
e exquisita” oportunidade de desfrutar destes fermosos espectáculos.
A escusa de que non sodes entendidos na materia non cola desta volta,
abonda coa sensibilidade que tendes por xenética humanista.
Saúde
PROGRAMACIÓN:
Venres 26 de abril
“Entresoños” de FRAN SIEIRA
Sábado 27 de abril
“Pink Unicorns” de LA MACANA
Venres 3 de maio
“Plastic” de PAULA QUINTAS
Sábado 4 de maio
“La desnudez” de DANIEL ABREU
Domingo 5 de maio
“Gaia” de ENTREMANS
Domingo 12 de maio
XACARANDAINA
INFORMACIÓN
PAZO DA CULTURA DE CARBALLO
Rúa do Pan, s/n
Tfno: 981 704 300
cultura@carballo.gal
No hay comentarios:
Publicar un comentario