sábado, 25 de mayo de 2019

RUAR E RIR 2 (LOCALIZACIÓN DE MENSAXES)



 “AS ESENCIAS DA CIDADE LÉVALAS DENTRO DOS ZAPATOS”


SANTIAGO PAZOS
(CREADOR E COORDINADOR DOS PROXECTOS DE RUAR E RIR)

Se unha mañá do verán de 2015, con “Ruar e rir”, os carballeses espertaban sorprendidos ao ver que as rúas clamaban por ser algo máis que lugares de paso inertes e insensibles recordándolles que mesmo as súas vivencias persoais estaban unidas a eses espazos públicos, se os pasos de peóns se erguían como testemuñas de acontecementos íntimos e colectivos,  se a cidade amosaba ser memoria inesquecible, hoxe retomamos esa iniciativa plástica e literaria con enerxía e forzas renovadas.

IMAXE DESEÑADA POR MON LENDOIRO

Desta volta cabe destacar a participación do alumnado de 2º de Bacharelato do IES Alfredo Brañas e de 4º da ESO do IES Monte Neme, así como a colaboración das directivas e profesorado destes centros de ensino. Achega intelectual colectiva que agroma dun proceso creativo onde a complicidade conceptual dende perspectivas pedagóxicas engaden valiosas ensinanzas no eido da socioloxía urbana, da sustentabilidade e da cidadanía participativa. Aspectos que, por outra banda, transcenden a finalidade efémera do propio proxecto implicando a mocidade en iniciativas comunitarias tan necesarias para o seu crecemento como cidadáns de feitos e de dereitos.

ALUMNADO, PROFESORADO E REALIZADORES  CO ALCALDE DE CARBALLO 
NA PRESENTACIÓN OFICIAL DO PROXECTO

Novas xeracións que precisan de coordenadas claras para aprenderen a convivir e relacionarse con liberdade en espazos públicos vivos que funcionan coma unha pel acoirazada que protexe a que cada un temos por natureza e complementa esoutra que forman familia e amizades. Unha pel que sente e padece, que exerce de guía na nosa andaina vital, sosténdonos e incitándonos a movermos os pés e espelirmos o corpo, convidándonos a ruarmos, a conversarmos, a socializarmos, a sermos parte de un todo social complexo.  E penso que esa pel, propia e allea a un tempo, hai que coidala manténdoa limpa e aseada como se da propia casa tratase, tendo sempre en conta que a ocupación individual do espazo público ha de ser por esencia transitoria e respectuosa.

MARÍA MARTICORENA, CRISTINA CASTRO, SANTIAGO PICOS E SANTIAGO PAZOS
NO IES ALFREDO BRAÑAS

Insisto hoxe, con máis ousadía se cabe, por facelo en compañía dunha mocidade dona do presente e do futuro, en que nese empeño de repensarmos a cidade como algo máis que un contedor de casas, negocios e coches, temos a obriga de construír camiños compartidos onde conflúan iniciativas que nos reconcilien coa cara máis amable e humana da cidade, transformando as vías de paso en lugares de convivencia e transmitindo mensaxes que provoquen conversas, reflexións existenciais, ou preguntas que cuestionen a nosa relación co lugar no que vivimos para buscarmos novas fórmulas que nos permitan rachar coa dureza do formigón e sentir que as rúas de Carballo son tan agarimosas como unha aperta amiga.





RUEIRO E LOCALIZACIÓN DE MENSAXES


IES ALFREDO BRAÑAS




PRECAUCIÓN!  AQUÍ APRENDEMOS A PENSAR




DEBUXO DE SANTIAGO PICOS




NON VEÑAS CONTAMINANDO, NIN OFF, NIN Á PATA COXA.
AQUÍ PODES VIR ON SOBRE DÚAS RODAS




CONTORNA
DO IES ALFREDO BRAÑAS E DO CEIP FOGAR



RUAR E RIR




AS MIÑAS LIÑAS SERÁN TAN CURTAS OU TAN LONGAS 
COMO PEQUENA OU GRANDE SEXA A TÚA FANTASÍA




CON SENTIDIÑO FARÁS SEGURO O CAMIÑO




A LECTURA É O ATALLO CARA Á CULTURA




PARA RUAR, MELLOR ACENDIDO QUE AMORTUXADO




QUEDAS OU VAS DE PASO?



ONDE IRÁS?




NON TE DESENCAMIÑES



ANDA, VAITE, QUE CHEGAS TARDE !



NON QUEDES EN BRANCO, PENSA EN CORES




ANDA A MODO E VAI CON TINO




PARA GOZAR DOS SOÑOS MELLOR ESPERTOS






IES MONTE NEME  E CONTORNA



A SAUDADE É COMO A FAME





SE COA BRÉTEMA NON VES SOPRA




SE ES QUEN DE SOÑALO ES QUEN DE FACELO





ACHÉGATE!






AS ESENCIAS DA CIDADE LÉVALAS DENTRO DOS ZAPATOS




SE CAMIÑAS DESNORTADO NON ABORREZAS, 
TEN FORZA, BUSCA, QUÉRETE, EMPATIZA, RI
E CHEGARÁS LONXE, LONXE, LONXE






NON TE PERDAS NESTE MEU LABIRINTO DE LIÑAS 
PORQUE PARA ESTRELADO ABONDA O CEO



NO LUSCOFUSCO COIDA O LOMBO




ENTRE BICOS E AGARIMOS 
ENGUEDELLO POLO CAMIÑO





SOÑAR É DE BALDE






IES PARGA PONDAL





MELLOR ENGANARSE QUE LAIARSE





XA TERMO EU DE VÓS, NON TREMADES




CONTIGO ENRIBA ESTOU DE VICIO






CEIP XESÚS SAN LUIS ROMERO





POLO CÓBADOS ROÍDOS RESPIRA O COÑECEMENTO






CEIP A CRISTINA





AO MEU ABEIRO NON HAS TER RECEOS





ARROUTADAS PARA CRUZAR, POUCAS




CEIP BERGANTIÑOS





AQUÍ ABAIXO ESTÁ O INFINITO




ES QUEN CRES OU QUEDACHES NA CASA?



É UNHA LEDICIA VERTE PARAR, PASAR E LISCAR!




PARTICIPARON:



ALBA LOUREIRO MUÍÑO
ALEJANDRO PUGA FERNÁNDEZ
AMANDA ANGERIZ SUÁREZ
ANA BELÉN BURGOS LOURO
ANA MARÍA RIVEIRO
ANA MARTÍNEZ SUÁREZ
ANDREA ARÁN LOUREIRO
ANDREA PENA GÓMEZ
ANDRÉS URBIETA LENDOIRO
ANTONIO VILA LEIS
BRAIS COTELO VILAS
CARLA FUENTES VIAÑO
CRISTIAN VARELA VERDES
CRISTINA CASTRO
DANIEL CASTRO REY
DANIEL RODRÍGUEZ VILAS
DIEGO FREIRE COSTA
DIEGO LEMA AÑÓN
GABRIELA CASAL CAAMAÑO
IAGO CAAMAÑO SERRA
IRIA BARREIRO CALLEJA
JUAN VARELA MOURELLE
LAURA TASENDE REMUIÑÁN
LAURA TATIANA GÓMEZ CHICA
LEANDRES C. FOUODJI KOUGANG
LETICIA BERMÚDEZ LISTA
MAITE PARGA
MANUEL GARCÍA-ARGÜELLES REY
MANUEL REGUEIRA ANJERIZ

MARÍA SUÁREZ RAMA
MARIO LÓPEZ LÓPEZ
MARTA VILLAR CERQUEIRO
MARÍA JOSÉ POMBO POSE
MARÍA MARTICORENA
MARÍA ROSARIO COUTO LÓPEZ
MIGUEL REGUEIRO PALLAS
MON LENDOIRO
MONICA MARIÑO CALLEJO
NOA GARCÍA REGUEIRA
OLIVIA PENA ARIJÓN
PABLO FIGUEIRAS VARELA
PATRICIA BARDANCA ROJO
PATRICIA VARELA FERNÁNDEZ
RAQUEL MARTÍNEZ BLANCO
REBECA BLANCO
SABELA PARDIÑO ARIJÓN
SANTIAGO ANDRADE
SANTIAGO PAZOS
SANTIAGO PICOS
SARA PEREIRA SERRANO
SARA VILLAR RAMA
SOFÍA DEL PILAR GARCÍA REYMÚNDEZ
TAMARA CABEZA SOUTO
VALERIA AÑÓN PENSADO
XOSE REGUEIRA
YAGO RIAL RAMOS

YURENA GARCÍA LAGE



FOTOS






























No hay comentarios: