jueves, 21 de noviembre de 2019
domingo, 17 de noviembre de 2019
ÁS VECES
Ás veces síntome tan covarde!
Un ser escorregadizo
que non é quen
de mirar de fronte
esas paisaxes complexas e delirantes
que amosan os teus ollos
por medo a morrer
afogado nelas.
Xa sei que é unha fantasía miña
que se tivese forza
e maña
para cortar
esas pupilas en catro anacos
dentro
só encontraría escuridade.
Penso, quedo,
que unha soa milésima de segundo
deste tempo eterno
bastaría
para encontrar o lugar
onde se agochan os soños
e quizais aí
atoparía
ese equilibrio
do que fan gala os heroes
e deixaría de vivir esta quimera.
martes, 12 de noviembre de 2019
TEATRO LIDO (FOTOGRAFÍAS)
(FIOT 2019)
28 FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO DE CARBALLO
XIX CONCURSO ESCOLAR DE TEATRO LIDO
"XOSÉ MANUEL EIRÍS"
1ª CATEGORÍA
NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL OU PRIMARIA
(MENORES DE 11 ANOS)
2º ACCESIT
"TREMOIA MANÍA"
"" DO CEIP BERGANTIÑOS
(INÉS, XIANA, MARÍA, CLARA, NICOLE)
"AS TREMOIAS" CON SANTIAGO PAZOS (MEMBRO DO XURADO)
1º ACCESIT
"O PEIXE DE OURO"
"GRUPO OS GOLFIÑOS" DO CEIP CANOSA RUS
(MATEO, IRENE, SARA, DANIELA, CARLA)
"OS GOLFIÑOS" CON MANUEL SÁNCHEZ (MEMBRO DO XURADO)
2º PREMIO
"AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO
CHAMADA BERENGUELA"
"GRUPO AS TELONEIRAS" DO CPR ARTAI
(CARLA, ANTÍA, IRENE, LOLA, BLANCA, SARA, MARÍA, SOFÍA)
"AS TELONEIRAS" CON FRAN RODRÍGUEZ (MEMBRO DO XURADO)
1º PREMIO
"DANIELA SÉNTESE DANIEL"
"GRUPO OS REVERSIBLES" DO CEIP CABO DA AREA
(DAVID, NEREA, NATALIA, ALIENA, UXÍA, IRIA, PEDRO, ENMA)
"OS REVERSIBLES" CON EVENCIO FERRERO (ALCALDE DE CARBALLO)
2ª CATEGORÍA
NEN@S DA ESO, BACHARELATO OU CF DE GRAO MEDIO
(DE 12 ANOS OU MÁIS)
ACCESIT
"CRISPÍN"
"GRUPO OS TEATREIROS" DO IES MONTE NEME
(SIYUAN, ALICIA, LUCÍA, IRIS)
2º PREMIO
"SEICA CHOVEN CARTOS!"
"GRUPO TODO AO REVÉS" DO CPI CABO DA AREA
(LUCÍA, SILVIA, ARIADNA, MARÍA, ÁNGEL, TEREIXA)
"TODO AO REVÉS" CON ALBA BERMÚDEZ (MEMBRO DO XURADO)
1º PREMIO
"BULLING"
"GRUPO ORA-TORIA" DO IES ALFREDO BRAÑAS
(IRAYA, NOELIA, SARA, ARIADNA, NOA, CLAIRE)
CAXOTO, ANIMADOR DA GALA
MIL GRAZAS A
JAVIER FRAGA POSE
(DE INTERFILM CARBALLO)
POLA REPORTAXE FOTOGRÁFICA
lunes, 11 de noviembre de 2019
SÓ
Nesta vida de derrotas
tan profundas,
meu amigo.
Quixera dicir con sinxeleza,
nesta lingua tan fermosa,
que non teño desculpa que aportar
nin bágoas que verter
ante ese erro tan nefasto
de antepor a conquista por riba da amizade.
Só.
Cabe esperar
que amaine o sentimento puro de sentirte.
sábado, 2 de noviembre de 2019
FARIÑA
(FIOT 2019)
28 FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO CARBALLO
CANDO O FUME NON TE DEIXA VER CON NITIDEZ
(A
propósito de “Fariña” de Undodez Producións)
SANTIAGO PAZOS
Se por algo destacan as obras de teatro de produción
galega vistas este ano no FIOT, como “Medida X Medida” ou “O Electo”, é pola
perda, penso eu, dunha especie de falsa humildade que atenazaba ás nosas
Compañías. Digo falsa porque creo que tiña máis relación co medo a asumir
riscos económicos que coa capacitación profesional, a falta de ideas, ou a
ambición artística.
E o caso de “Fariña” é, posiblemente, o máis destacado. Se miramos o envoltorio
podemos comprobar que non se escatima en nada. Numeroso, bo, e recoñecido
elenco, música en directo composta por unha banda de prestixio, como son
Novedades Carminha, coidada escenografía, potente e axeitada iluminación,
últimas tecnoloxías, programas de man de bonito deseño e papel de calidade, vestiario
relucinte e fume, moito fume. Tanto fume que por veces non te deixaba ver con
nitidez o que estaba a pasar no escenario.
Certo é que dun gran decorado non ten por
que saír unha gran obra, pero todo axuda e, por se tiveran dúbidas, teño que
deixar claro que aplaudo esa ousadía calculada. E dicir, asumen un risco que
dalgún xeito non é tan grande se no seu haber poñemos algúns aspectos de non
pouca importancia. Por exemplo, que tratan un tema de rabiosa actualidade adaptando
o libro “Fariña” de Nacho Carretero, censurado e prohibido recentemente, sobre
o que se fixo unha serie de televisión que tivo bastante éxito.
E podemos sumar que contan cun director de
prestixio recoñecido, como é Tito Asorey, que ademais fai aquí unha labor
loable. E uns actores famosos e populares como Xosé Touriñán, Marcos Pereiro, María
Vázquez, Cris Iglesias e Sergio Zerraeta, que por si mesmos xa enchen teatros.
Actores que, lonxe de apartarse de certos
estereotipos polos que son coñecidos, por momentos parece que potencian,
intencionadamente ou non, eses rexistros. Isto ocasiona que as personalidades
dese tremendo lote de personaxes, que teñen que interpretar, non sexan marcadas
con suficiente identidade, resultando en moitos casos un traballo artificioso. E
aínda así, con todos estes compoñentes o éxito de “Fariña” está asegurado. Non
teño dúbida algunha, porque os espectadores saben perfectamente a quen van ver
e coñecen bastante ben a historia que lle contarán.
Sen embargo, penso que esta obra pode ser contada,
sen perder ese toque de humor acre, nun estilo con menos pachanga. Xa sei que o
que se conta son feitos reais e totalmente esperpénticos, pero quizais, e
precisamente por iso, a gravidade do tema precisa dun enfoque con menos bombas
de palenque.
Igual é un problema meu porque, xa ven, gustoume
moito o trato e o enfoque que lle dan a loita de esas nais bravas que foron as
primeiras en levantar esa pancarta que rachou coa complicidade económica,
social, política e xudicial, co narcotráfico. E tamén ese final satírico que
nos avisa de que moitas veces cambian as formas pero os delitos seguen a ser
cometidos polos mesmos que un día criamos ter vencidos.
E dito todo isto, parabéns para ese teatro
galego que esta a perder os medos.
Saúde y larga vida…
XOGRARESA DE OUTONO 2019
(FIOT
2019)
28
FESTIVAL INTERNACIONAL
OUTONO DE
TEATRO DE CARBALLO
XOGRARESA
DE OUTONO 2019
PATRICIA DE
LORENZO
ACTO DE ENTREGA DO GALARDÓN HONORÍFICO
Carballo, 1 de novembro de 2019
Pazo da Cultura
O FIOT recoñece, na súa 28 edición, como Xograresa
de Outono a unha das grandes actrices galegas, Patricia de Lorenzo. Unha
artista polifacética, que se define tamén como cantante e vedette, que leva
tres décadas no mundo da interpretación. Unha todoterreo que marida á
perfección teatro, música, cine e televisión.
Patricia de Lorenzo (A Coruña, 1971) iniciou en
1990 a súa traxectoria profesional e, catro anos máis tarde, pasou a formar
parte de Chévere, compañía de referencia en Galicia e tamén en España,
galardoada co Premio Nacional de Teatro, o máis importante das artes escénicas
a nivel estatal.
Desde entón participou como actriz en montaxes que
forman parte da historia teatral galega, como é o caso de Annus Horríbilis, Rio
Bravo 02, Citizen, Eurozone, Eroski Paraíso ou Curva España. De Lorenzo é unha
das “alma mater” deste proxecto e un dos seus piares fundamentais, tanto dentro
como fóra dos escenarios, desenvolvendo labores de dirección, administración,
xestión e produción.
Ademais, a actriz tamén traballou con Pífano
Teatro, Teatro do Aquí, Moucho Clerk,
Elsinor Teatro ou o Centro Dramático Galego. Prestixiosos galardóns,
como varios María Casares ou o Maruxa Villanueva, recoñecen a traxectoria de
Patricia de Lorenzo.
Foi unha das voces da Sala Nasa, de Sumrrá, La
Tirana e de Tristáns, unha agrupación musical referente no panorama musical
galego. A súa imaxe está ligada ao audiovisual e recordámola en filmes ou
series como Pepe o Inglés, A vida por
diante, Terras de Miranda ou en filmes como EroskI Paraíso, A viaxe dos Chévere
ou Crebinsky, entre outras.
O Xograr de Outono é un nomeamento honorífico que
Festival Internacional Outono de Teatro recoñece unha persoa ou entidade que
destaca pola súa traxectoria na promoción e desenvolvemento do teatro en
Galicia. A elección da galardoada correspóndelle aos anteriores Xograres de
Outono e á Asociación Cultural Telón e Aparte.
NOTA:
TEXTO FACILITADO POLA ORGANIZACIÓN DO FIOT
GRAZAS
SAÚDE E LARGA VIDA...
viernes, 1 de noviembre de 2019
A.K.A (ALSO KNOWN AS)
(FIOT 2019)
28 FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO CARBALLO
CUANDO ANOCHECE DEMASIADO PRONTO
(A propósito de “A. K. A. (Also Known As)” de Flyhard
Produccions)
SANTIAGO PAZOS
Cuando terminó la función solté un ¡braaavo! profundo. Y entre
el caluroso y largo aplauso que le brindó el respetable volví a gritar bien
alto ¡braaaavo! Estaba verdaderamente conmovido. Más allá del drama, de la
injusticia que provoca la xenofobia y el racismo, que también, como no podía
ser de otro modo, mi aclamación estaba motivada por ese titánico esfuerzo de
interpretación verdadera que nos había regalado Albert Salazar.
Quizás la proximidad, la cercanía, por estar en un espacio
escénico tan reducido, tuvieron mucho que ver en mi reacción. El sudor que “Carlos”
soltaba en sus frenéticos movimientos casi te salpicaba. Y sus risas y danzas,
primero, y sus lágrimas y desesperación incrédula, después, te contagiaban
hasta el punto de creer que sentías lo que él disfrutaba o padecía.
Hacía tiempo que no me mimetizaba de ese modo con un actor y su
personaje, con una interpretación tan limpia, tan cargada de matices y de
registros, de naturalidad y fuerza, de energía y movimiento.
Es tremendo que fuese la magia del amor la que ocasionase ese
anochecer innecesario y horrendo sobre la vida de un joven cuyo único delito
era el odio ajeno. La temática de esta joya teatral es bien conocida: “yo no
soy racista, pero también podían quedarse a vivir en su país y no venir aquí a
robarnos”. Etc, etc, etc…
No contaré más de ese magnífico texto de Daniel J. Meyer porque
mi recomendación es que vayan a ver esta obra en la primera ocasión que se les
presente, aunque sí insistiré en que si el trabajo de Albert Salazar (no se
olviden de este nombre) es potentísimo, la labor de dirección de Montse
Rodríguez Clusella es destacable por esa
inteligencia con la que mide los tiempos y marca el ritmo para controlar esa
furia desatada de un personaje con una personalidad tan marcada y que, lejos de
caer en los tópicos de siempre, nos presenta una realidad tan triste como
frecuente. Sobresaliente.
Sobre muchos seres humanos, como en el caso de Carlos, siempre
anochece demasiado pronto…
Salud y larga vida…
Suscribirse a:
Entradas (Atom)