Ás veces síntome tan covarde!
Un ser escorregadizo
que non é quen
de mirar de fronte
esas paisaxes complexas e delirantes
que amosan os teus ollos
por medo a morrer
afogado nelas.
Xa sei que é unha fantasía miña
que se tivese forza
e maña
para cortar
esas pupilas en catro anacos
dentro
só encontraría escuridade.
Penso, quedo,
que unha soa milésima de segundo
deste tempo eterno
bastaría
para encontrar o lugar
onde se agochan os soños
e quizais aí
atoparía
ese equilibrio
do que fan gala os heroes
e deixaría de vivir esta quimera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario