sábado, 25 de octubre de 2014

BIBLIOTECA REGO DA BALSA


BIBLIOTECA REGO DA BALSA
CARBALLO


INAUGURACIÓN
VENRES 24 DE OUTUBRO DE 2014




Onte, venres 24 de outubro de 2014, foi un deses días que quedarán na memoria de Carballo para sempre e que nos fan sentir moi orgullosos de ser desta vila, de vivir nela e de formar parte dunha xeración que derruba os muros con arte, que escribe contos de taberna, que mantén o fiot como un festival de teatro de referencia cando outros están en decadencia por falla de financiamento, e o máis importante, que en vez de demoler a súa riqueza patrimonial, como antes fixeron outros, adicase a construír espazos de riqueza arquitectónica e cultural para que os cidadáns teñan unha calidade de vida, material e inmaterial, que nunca antes tiveron.
Mesmo parece un milagre que nesta época, na que todo o que ten carácter público, a sanidade, a educación, a cultura, está a ser aniquilado, Carballo abre una nova biblioteca, un espazo aberto, cheo de luminosidade, para a lectura e o coñecemento. Eu, e moitos dos que alí estivemos onte, emocioneime como nos grandes acontecementos. Noraboa carballeses.

O profesor José María de la Viña, o escritor Manuel Rivas e Santiago Pazos



O alcalde  Evencio Ferrero e os concelleiros José Antonio Viña e Manuel Andrade

De esquerda a dereita, Cesáreo Sanchez (Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega), Anxo Lorenzo (Secretario Xeral de Política Lingüística de Xunta de Galicia), Mar Eirís (Concelleira de Cultura de Carballo), Evencio Ferrero (Alcalde de Carballo), Manuel Rivas (Escritor e Académico), e Eva Cameán (Estudante), durante a actuación do violinista Enrique Aldao

O Director da Voz de Galicia en Carballo Xosé Ameixeiras

Actuación de Marcos Gende (Xenderal)

De esquerda a dereita, o empresario Luciano Calvo, a concelleira Milagres Lantes, 
o diputado autonómico Francisco Jorquera e o concelleiro Miguel Ferreiro

Moncho Fraga, José María de la Viña e Santiago Pazos

Farruco Fraga entre o público


Manuel Varela Rey, ex alcalde de Carballo, e o concelleiro Juan Carlos Castro


A diputada nacional Marga Varela, e o diputado autonómico Aurelio Núñez


Os concelleiros Belén Lendoiro e Luis Lamas


O concelleiro Xosé Regueira


Manuel Rivas e Farruco Fraga cun grupo de nenos


FOTOS DO PÚBLICO E DO INTERIOR DO EDIFICIO













































No hay comentarios: