martes, 28 de octubre de 2014

EDUARDO RODRÍGUEZ CUNHA "TATÁN", XOGRAR DE OUTONO 2014

ACTO DE ENTREGA DO GALARDÓN 
XOGRAR DE OUTONO
2014

EDUARDO RODRÍGUEZ CUNHA "TATÁN"


TEXTO FACILITADO POR LA ORGANIZACÓN DEL FIOT

Sr. Alcalde, Sra. Concelleira de Cultura, amigos Xograres, señores e señoras,

Boas noites e benvidos ao acto de entrega do Xograr de Outouno 2014 que realizaremos a  continuación, antes da representación do espectáculo “A Tempestade” da compañía Voadora.

O Xograr de Outono é un nomeamento honorífico que o Festival Internacional Outono de Teatro outorga á persoa ou entidade que saliente pola súa traxectoria na promoción do teatro, como un xeito de recoñecer o labor dos que contribúen xenerosamente a engradecer as artes escénicas, é, polo tanto, á cultura galega.

Os Xograres son unha parte moi importante da alma do Outono de Teatro. Unha comunidade na que nos apoiamos para renovar os valores que personaliza o noso festival.
O Xograr, representa a figura máis senlleira da tradición oral, como creador e trasmisor de historias, evocando un pasado do que nos gusta presumir,
porque esta tradición identifícanos como malabaristas da lingua, rexenenándonos a todos os que queremos e creemos na nosa palabra, na nosa lingua, na nosa cultura, e no noso país.
O galardón deste recoñecemento é unha creación en bronce, de inspiración rupestre do artista galego Pablo Leal, que a organización elixiu, polo seu carácter simbólico e alegórico á figura do xograr.

A elección do galardoado é responsabilidade conxunta da comunidade de Xograres que se vai creando ano a ano e da organización do festival.
A eles, agradecemos o seu compromiso porque, este galardón, estrictamente honorífico, comprometeos como embaixadores do FIOT e fainos responsables de futuras eleccions.

Como xa todos vostedes saben, o festival concede nesta vixésimo terceira edición o Xograr de Outono a Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”, o veciño de Redondela que, entre outras, foi o fundador dunha das formacións máis recoñecida e prestixiosa do teatro de monicreques tanto en Galicia como fora dela, a compañía Tanxarina Títeres.

Ao longo da súa traxectoria profesional Tatán foi o impulsor de varios festivais de títeres en Galicia o primeiro, en Mondoñedo, que cumple agora a 30 edición. Logo veu o de Vigo é, a continuación o máis salientable de todos o Festival Internacional de Títeres de Redondela

no que ademáis, asumiu a súa dirección artística ao longo de varios anos, Eduardo tamén foi un dos precursores da primeira asociación de Títeres de Galicia.

No eido do teatro, foi fundador de dúas compañías, o Colectivo de Teatro Cirigaita e Producción Teatrais Do Sur, esta última moi activa a comezos dos anos 90. Ademáis colaborou con outras importantes compañías como o Teatro do Morcégo na branca rosa e nos Vellos non deben namorarse ou co Centro Dramático Galego na Cacatua verde.
Salienta tamén pola larga traxectoria tanto en cine como en televisión. Así, participou como actor, nalgunhas das series de televisión máis exitosas de Galicia como Xabarin Club, Pratos combinados, Mareas Vivas, As Leis de Celavella ou Terras de Miranda. No cine, debutou da man de José Luis Cuerda na Lingua das Bolboretas a que seguiron, outros filmes tan importantes como o Lápis do Carpinteiro, o Agasallo de Silvia ou Heroína.

Moitos son os méritos que fan de Eduardo Rodriguez “Tatán” merecedor deste galardón, que recoñece o seu labor teatral como titiriteiro, director, actor e dinamizador na creación e manipulación de monicreques no teatro Galego. Tatán é, polo tanto, un referente na escena Galega, por poñer en valor a arte da marioneta e por dinificar a profesión de Titiriteiro.
Correspondelle, a un dos nosos Xograres, presentar ao novo membro desta comunidade, polo que nos acompaña Marcelino de Santiago “Kukas” que realizará unha semblanza do novo Xograr, e, en nome da organización do Festival Internacional Outono de Teatro Alberto Sueiro, presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte, dará lectura ao diploma que recoñece o título de Xograr.
A continuación Mar Eirís, Concelleira de Cultura fara entrega do Xograr 2014 a Eduardo Rodrgíguez Cunha “Tatán” e que recollerá, o propio galardoado.

Para rematar, agradecer, de novo, o apoio de todas aquelas persoas e entidades que colaboran coa organización do Festival Outono de Teatro de Carballo e, como non, agradecer a súa presenza esta noite e desexarlles que gocen co espectáculo a tempestade que, baixo a dirección de Marta Pazos, representará a Compañía Galega Voadora.


Boa noite, longa vida ao teatro e ata o ano que ven.

No hay comentarios: