viernes, 5 de octubre de 2018

RÚA DOS CONTOS / RÚA DA FAMA

(FIOT 2018)
27 FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO CARBALLO

RÚA DOS CONTOS / RÚA DA FAMA

XX ANIVERSARIO DA RÚA DOS CONTOS

(Foto publicada por FIOT)


Coincidindo co XX Aniversario da Rúa dos Contos, o FIOT quixo celebralo cunha Exposición no Pazo da Cultura onde se pode ver e recordar toda a iconografía gráfica deseñada por Alberto e Juan Félix Gende, e unhas extraordinarias caricaturas feitas polo artista carballés Santi Picos. Todo iso acompañado por un enorme friso cos nomes de todos os artistas que participaron nesta emblemática actividade fioteira, e locais onde actuaron,  durante estes 20 anos.

 

E como todo o que pasa nas rúas debe quedar nas rúas, coa intervención de activistas culturais e artistas plásticos de Carballo como Mon Lendoiro, Santi Picos, Milagros Cotelo, O‘Mighelo, Cristina Castro, María Marticorena, Luís Pesce, Carolina Carreira Pacoret, ou David Torres, enchemos a Rúa Valle Inclán de Carballo, rúa dos Contos por excelencia, onde todo comezou aló polo ano 1999, cos nomes dunha parte significativa deses artistas.


Sentimos non incluílos a todos, e pedimos desculpas aos que non están, pero o espazo non chegaba para tanto. Aínda así, pensamos que esta intervención de arte urbana representa bastante ben as dimensións extraordinarias do que a Rúa dos Contos representa para o FIOT, para Carballo e para o mundo do espectáculo.

 
(Foto publicada por FIOT)

Non podo esquecer o meu maior agradecemento ao Departamento de Cultura do Concello de Carballo e a Asociación Cultural Telón e Aparte, (organizadores do FIOT), por encargarme a idea, dirección e montaxe destas dúas actividades, pola empatía mostrada no seu desenrolo e pola imprescindible cobertura intelectual, técnica e administrativa que me brindaron. E o mesmo agradecemento para eses activistas culturais e  artistas plásticos que confiaron desinteresadamente en min e fixeron posible que todo isto sexa unha realidade.

 

Posiblemente, esta actividade efémera, sexa o inicio dun recoñecemento aos profesionais do teatro que perdurará no tempo cun formato diferente. Ese, polo menos, é o meu desexo.  


Saúde e larga vida...

SANTIAGO PAZOS 


AQUÍ ESTÁN OS QUE ESTÁN

















































 






















 



No hay comentarios: