domingo, 21 de octubre de 2018

DEBATE PÚBLICO LITERARIO EN ARTE NA RÚA 2018



AS ODISEAS COTIÁS COMO MATERIAL LITERARIO


SANTIAGO PAZOS



GRAZAS!!!

Onte tiven unha tarde moi entretida. Primeiro pola boa e grata compañía dalgúns amigos e segundo porque ao carón dun soliño agradable e outonal falamos e debatemos sobre un tema polo que tanto cavilan lingüistas, críticos literarios e todo tipo de investigacións universitarias. E nós fomos quen de situar tan doutoral tema ao carón da rúa e da xente común.

Non descubrimos o mundo porque xa o tiñan feito outros antes, pero abrímoslle ás portas a algúns mundos interiores que de non ser por ocasións como esta permanecerían pechadas eternamente. Facédeme caso, o que non se conta acaba esquecido no cemiterio.

A miña proposta de debate era a seguinte:
Credes imprescindible ter que vivir unha viaxe como a do Ulises de Homero para sentir que a vida propia ten interese suficiente como para ser parte dunha obra literaria?
Non pensades que ese outro Ulises, o de Joyce, así a bote pronto, ten unha vida bastante máis vulgar que a de calquera de nós?
Entón?
Será que o cotiá pasa a ser excepcional cando se conta cun estilo determinado?
Que pensades?

Houbo respostas e reflexións de todo tipo, como ten que ser nun debate aberto, enriquecedoras todas.

E por iso quero dar grazas infinitas e sinceras aos amigos que tiveron a ben compartir comigo os seus coñecementos e sensibilidades, a Antonio Andrade Figueiras, Miguel Anxo Calvo (O’Mighelo), José María de la Viña, Diego Loureiro, Roberto Mallo, María Marticorena, Marcos Trigo, Ika García, Carolina Pacoret, José Antonio García Canedo, Adrian Eirís, José Manuel Naya e outros poucos máis dos que non recordo o nome, motivo polo que lles pido desculpas. 
Grazas tamén a  Asociación Creaformas por convidarme a participar en Arte na Rúa.

Saúde e larga vida...  


1 comentario:

Anónimo dijo...

"E nós fomos quen de situar tan doutoral tema ao carón da rúa e da xente común". Vaia, menos mal que de cando en cando algúns iluminados baixades das altas esferas para ilustrar aos comúns. Un dos encantos da linguaxe atópase en cánto pode revelar do inconsciente dunha persoa en tan poucos caracteres. Grazas por esa labor social, Santiago, que levades a cabo ao achegarnos o coñecemento aos "do común".